AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Tour de Europa de Coreógrafos Grenoble O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO É UN DOS CINCO SOCIOS, XUNTO CON ENTIDADES DE ALEMAÑA, FRANCIA, IRLANDA E POLONIA, DESTE PROXECTO FINANCIADO POLA COMISIÓN EUROPEA

Dez creadores de cinco países clausuran en Galicia o Tour de Europa de Coreógrafos

Documento anexo [27/06/2011] Dez coreógrafos de cinco países participan esta semana en Santiago e A Coruña no programa de clausura do proxecto Tour de Europa de Coreógrafos, que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolve desde o mes de setembro de 2010 xunto con outros catro centros de Alemaña, Francia, Irlanda e Polonia. Inserida no Programa de Formación Continuada da Comisión Europea, esta iniciativa celebrará as súas últimas sesións de traballo no Salón Teatro de Santiago e na sede coruñesa do CCG entre o mércores 29 e o sábado 2 de xullo, ademais de contemplar a asistencia dos creadores seleccionados a dúas das xornadas do Empape (Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas) da Coruña.

Imaxe da presentación A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA DE DANZA PRESÉNTASE ESTE SÁBADO 11 NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA

Roberto Varela presenta "3DTres", do CCG, como a suma de talentos ao servizo dun espectáculo de "primeira magnitude"

Documento anexo [09/06/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe na Coruña o espectáculo 3DTres, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que se estrea o vindeiro sábado 11, ás 20.30 horas, no Teatro Colón. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto e dan forma -en palabras do conselleiro- a un "espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe do panorama europeo".

Ángel Corella A INICIATIVA INSÍRESE NO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIDADE DE DANZA DA AGADIC E O FESTIVAL MOZART, EN COINCIDENCIA COA ACTUACIÓN DO CORELLA BALLET NA CORUÑA

Ángel Corella ofrece mañá unha clase maxistral para 30 alumnos no Centro Coreográfico Galego

Documento anexo [03/06/2011] Un total de 30 alumnos participará mañá día 4 na clase maxistral de danza clásica que o bailarín e coreógrafo Ángel Corella impartirá na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña. A sesión, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas nas instalacións do Complexo Deportivo de Elviña, inscríbese nun acordo xeral de colaboración asinado entre a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Festival Mozart da Coruña.

<< 2011 >>
<< xuño >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais