A INICIATIVA INSÍRESE NO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIDADE DE DANZA DA AGADIC E O FESTIVAL MOZART, EN COINCIDENCIA COA ACTUACIÓN DO CORELLA BALLET NA CORUÑA
[03/06/2011]
Un total de 30 alumnos participará mañá día 4 na clase maxistral de danza clásica que o bailarín e coreógrafo Ángel Corella impartirá na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña. A sesión, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas nas instalacións do Complexo Deportivo de Elviña, inscríbese nun acordo xeral de colaboración asinado entre a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Festival Mozart da Coruña.