A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA DE DANZA PRESÉNTASE ESTE SÁBADO 11 NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA
[09/06/2011]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe na Coruña o espectáculo 3DTres, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que se estrea o vindeiro sábado 11, ás 20.30 horas, no Teatro Colón. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto e dan forma -en palabras do conselleiro- a un "espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe do panorama europeo".