Formación
O programa de formación do
CCG oriéntase a dous colectivos: os/as profesionais da danza e a cidadanía en xeral.
Para os/as profesionais o Centro Coreográfico organiza e promove accións formativas de carácter especializado abordando diferentes temas, dende a creación coreográfica á formación específica dos bailaríns e das bailarinas, até a formación doutros/a profesionais relacionados/as co sector.
Para a cidadanía o Centro Coreográfico organiza e promove actividades de carácter pedagóxico orientadas a sensibilizar públicos e fidelizar os xa existentes, ademais de favorecer o interese da cidadanía por esta arte escénica.