Re.fiando
Esta proposta trata de reflexionar sobre a necesidade de que unha obra se materialice sempre segundo ás mesmas fórmulas de proceso, ensaio e estrea, sobre se é posible estrear unha obra e a continuación comezar un novo proceso de creación, sobre se é posible unha nova forma de relación entre a organización, artista e público que permita o desenvolvemento axeitado de certos proxectos artísticos, que debido á súa complexidade ou abundancia de recursos requiren outro tipo de comunicación entre ambos.