3
Os artistas xogan co tres como elemento de composición e buscan unha nova concepción do corpo como vehículo intuitivo de comunicación. O número 3 refírese a unidade como concepto, é nesa unidade onde reside o verdadeiro fundamento deste traballo: unificar tres xeitos de entender o corpo que, a súa vez, son tres xeitos de representalo. Os tres integrantes deste proxecto traballaran cunha idea distinta do corpo: Joaquín Jara co corpo pictórico, Ilia Mayer co corpo sónico e Víctor Zambrana do corpo escénico.