AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

A MONTAXE DE JOSÉ PRIETO ESCENIFICARASE O VENRES 10 E O SÁBADO 11 ÁS 20.30 HORAS

O Salón Teatro abre temporada co espectáculo "Life is a paripé" da compañía compostelá Obras Públicas Documento anexo

[03/09/2010] O Salón Teatro de Santiago inaugura o vindeiro venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas, Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así un novo ciclo de programación cuadrimestral, que será presentado publicamente o vindeiro xoves día 9.

AS CITAS CELEBRARANSE MAÑÁ DÍA 2 EN PORTOMARÍN, O DÍA 4 EN SARRIA, O 7 EN TRIACASTELA E O 9 NO CEBREIRO

O ciclo "Camiños en danza" do Centro Coreográfico entra na recta final con catro actuacións en setembro

[01/09/2010] O ciclo "Camiños en danza" do Centro Coreográfico Galego chega ao seu fin este mes de setembro con catro presentacións nas localidades lucenses de Portomarín, Sarria, Triacastela e O Cebreiro, últimos destinos deste programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se vén desenvolvendo dende o pasado mes de xullo en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades emprazadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.

MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTE ENCONTRO INTENSIVO, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 27 AO 30 DE SETEMBRO EN SESIÓNS DE SETE HORAS DIARIAS

O CDG organiza no Salón Teatro un curso sobre Shakespeare para actores a cargo de Alfredo Padilla Documento anexo

[31/08/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza o Curso sobre Shakespeare que Alfredo Padilla, actor arxentino afincado en Galicia, impartirá do 27 ao 30 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Especialista en teatro shakespeariano pola Royal Academy of Dramatic Art de Londres, Padilla desenvolverá cos alumnos as potencialidades creativas arredor da obra do gran dramaturgo inglés, tendo en conta o estilo, o xogo dramático e o contorno no que se desenvolve o actor.

A ENTIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA INVISTE MÁIS DE 650.000 EUROS NA PROGRAMACIÓN QUE SE DESENVOLVERÁ DE SETEMBRO A DECEMBRO EN 86 SALAS E TEATROS DE TODA GALICIA

A Agadic apoia a realización de 572 funcións ata final de ano a través das súas tres redes de distribución Documento anexo

[27/08/2010] Os tres circuítos de distribución de espectáculos que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) acollerán entre os meses de setembro e decembro un total de 572 funcións de teatro, música, danza e maxia, das que 345 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), 85 á Rede Galega de Salas (RGS) e 142 á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

A ENTIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA APOIA 38 PRODUTORAS INDEPENDENTES PARA A REALIZACIÓN DE 13 LONGAS, 23 DOCUMENTAIS E 7 PELÍCULAS PARA TELEVISIÓN

O audiovisual galego recibe preto de cinco millóns de euros en axudas da Agadic para a produción de 43 longametraxes e documentais Documento anexo

[26/08/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a adxudicación dun total de 4.980.000 euros en axudas a un total de 38 empresas audiovisuais galegas para a realización de 43 producións e coproducións, das que 13 corresponden a longametraxes cinematográficas, 7 a películas para televisión e 23 a documentais de creación e difusión. A entidade da Consellería de Cultura e Turismo completa así a resolución das súas principais liñas de subvención ao audiovisual galego, ao que destina un total de 7.060.000 euros a través das seis modalidades convocadas este ano.

 1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: